O Concello do Carballiño volve á boa tendencia de descenso de casos, logo de dúas pequenas subidas nos últimos días. Hoxe hai 12 casos activos menos, pasando dos 58 de onte ós 46 de hoxe. Isto quere dicir que as altas son máis cos novos contaxios, un dato esperanzador. Estes datos fan que o concello se sitúe no mapa de alerta sanitaria en cor laranxa, despois de estar varias semanas en alerta vermella.
O resto de concellos da comarca presentan unha situación bastante estable. San Cristovo de Cea baixa un caso, pasando dos 9 de onte ós 8. San Amaro tamén baixa, ata quedarse cun só caso. Pola contra, Boborás sobe dous casos, dos 8 de onte ós 10 de hoxe. O Irixo tamén sobe hoxe un caso, pasando ós 3 contaxiados e tamén o fai Maside, cun caso máis ata os 3. Os demáis concellos manteñen os mesmos datos: Beariz conta con 3 casos activos; Piñor conta con seis casos e Punxín conta con dous casos.