O BNG pide axudas para o sector do viño ante a crise sanitaria

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Aseguran que a vitivinicultura do Ribeiro está a atravesar momentos críticos. As perdas ocasionadas por fenómenos meteorolóxicos adversos, as crecentes dificultades para a exportación sumadas ás consecuencias da actual pandemia están a provocar, segundo manifesta o propio Consello Regulador, unha baixa incesante de adegas de colleiteiros, o abandono da metade das hectáreas cultivadas e a desaparición de dous terzos dos viticultores constatada na última revisión do rexistro vitícola da D.O..

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Por estes motivos propoñen ao Pleno do Concello de Ribadavia demandar da Xunta de Galicia axudas económicas aos viticultores e ás adegas do Ribeiro, e por extensión de toda a comunidade autónoma galega, debido ás altas perdas que están a ocasionar as medidas de peche da hostalería. O impulso ás iniciativas que permitan diversificar a comercialización do Ribeiro e medidas que eviten unha maior destrución de emprego como moratorias nas cotas da seguridade social de persoas asalariadas e autónomas.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------