O Carballiño retoma o ascenso de casos, sumando once positivos ata os 108 contaxios activos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, sobe once casos hoxe ata os 108 casos activos. Maside sobe de novo ata os 27 casos. San Amaro sobe ós 8 casos activos, igual ca Boborás. San Cristovo de Cea baixa ós 7 contaxios. Beariz conta con 6 casos. O Irixo conta cun caso. Piñor é o único libre de covid.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No Ribeiro, Ribadavia baixa ós 39 casos activos; Carballeda de Avia baixa ós 21. Melón baixa ós 12 casos; Leiro mantén 9 casos activos. Cenlle conta con 8 casos e Avión con 6. Castrelo de Miño conta con 5 casos e Cortegada con 4. Beade con 2 e Arnoia con 2.  

A comunidade galega rexistra hoxe 1.041 contaxios, un ritmo de novos positivos que descende levemente. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 16.253. A ocupación das camas dos hospitais descende. Do total de pacientes positivos en Galicia, 50 (-1) están en UCI e 233 (-8) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 110 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 2.547 casos activos, comezando o descenso. Os hospitais hoxe presentan 50 (-1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 6 (+1)  na UCI.