Estabilizado o incendio en Castrelo de Miño, con 200 hectáreas afectadas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Consellería do Medio Rural informaba de que o incendio forestal activo no concello de Castrelo de Miño, parroquia de Barral, quedaba xa estabilizado.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Este incendio iniciouse ás 17,43 h. da tarde do mércores e alcanzou as 200 hectáreas de superficie afectada provisional. Ata o momento mobilizáronse para controlalo 2 técnicos, 27 axentes, 59 brigadas, 39 motobombas, 4 pas, 1 unidade técnica de apoio, 8 avións e 11 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.