O RIBEIRO ACHÉGASE A OURENSE

NAS FESTAS DO MAGOSTO

O Consello Regulador e a Ruta do Viño organizan varias actividades lúdicas

Publicidade

en torno ao viño que enriquecen a programación para o público

Ribadavia, 8 de novembro de 2019. O C.R.D.O. Ribeiro e a súa Ruta do Viño protagonizarán mañá o sábado dos magostos de Ourense con dúas actividades en torno ao viño e a cultura vitivinícola.

Ás 11.15 horas terá lugar unha presentación a medios con representación teatralizada dedicada ao camiño do viño, os arrieiros e o viño do Ribeiro. Neste evento terán a palabra o presidente dos dous organismos, Juan Manuel Casares, o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernandez e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. O acto celebrarase nos xardíns de Padre Feijóo (se chove trasladarase á carpa situada na Praza Maior), onde uns actores interpretarán un guión descubrindo o camiño que facían os arrieiros ata terras de Compostela transportando viño, contando historias e datos dun camiño milenario.

Ademais, de 12.00 a 14.00 horas estará en funcionamento un túnel dos viños da Ruta do Viño do Ribeiro no Liceo de Ourense, onde todos aqueles que o desexen poderán degustar máis de 15 viños distintos.

Debido a altas probabilidades de choiva, tívose que cancelar  a actividade dun DJ móbil polas prazas máis relevantes da zona de viños de Ourense en horario nocturno.

Día Europeo do Enoturismo

O domingo 10 de novembro celébrase a 11ª edición doDía Europeo do Enoturismo, que promove a Rede Europea de Cidades do Viño (RECEVIN), nesta data os principais destinos enoturísticos europeos elaboran un programa de actividades para a promoción da cultura do viño.  Este ano a Ruta do Viño do Ribeiro e o Consello Regulador colaboran para a promoción do viño e do territorio nestes dous eventos, o Magosto e o Día Europeo do Enoturismo.