PsdeG de Punxín solicita reparacións

O grupo político PsdeG PSOE ven a solicitar a reparación das marquesiñas situadas no concello de Punxín.

Facémonos eco do comunicado:

AVANTAR ACTIVIDADES

As socialistas consideran que a situación na que se atopan as marquesiñas son o reflexo do abandono e do desinterese do grupo de goberno.

Manifestan dende o Grupo Municipal Socialista que incluso algunhas supoñen un perigo para a seguridade dos usuarios. Sinala a voceira socialista, Lorena Peleteiro, que “a situación na que se atopan causan unha imaxe de abandono pésima do noso Concello, polo que unha vez máis temos que lamentar a falta de interese do Grupo de Goberno para mellorar a imaxe do noso Concello e de traballar decididamente polo futuro de Punxín”.

As Concelleiras socialistas indican que xa que dende o Grupo de Goberno, formado por PP e Ciudadanos, non se fai nada por este Concello

Para a voceira socialista, Peleteiro, “estamos a tempo de conquerir un goberno de progreso, de futuro, que traballe polos veciños e veciñas de Punxín, e non perder máis tempo nesta situación de abandono da que o Concelleiro de Ciudadanos é o maior responsable e o único que a pode mudar”.