Xunda de Goberno da Deputación Ourense. Asisitne Manuel Baltar (Presidente Deputación); Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Cesar Fernández Gil (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU); Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense); Juan Marquina e Adamantino Barreiro García (Secretario e ViceSecretario da Deputación Ourense).

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, presidida polo presidente, Manuel Baltar, aprobou hoxe a concesión de preto de 600.000 euros en axudas que serán destinadas a iniciativas de cooperación local, cultura e turismo. No ámbito cultural, a Deputación destinará 225.000 euros á Fundación Carlos Velo para a presente edición do Festival Internacional de Cine de Ourense, mentres que o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra recibirá case 28.000 euros para un proxecto de sustentabilidade turística. 

Publicidade

En cooperación cos concellos, a Xunta de Goberno aprobou unha achega de 200.000 euros para o Concello da Veiga que serán destinados ao Centro Transfronteirizo de Desenvolvemento en Alta Montaña e do Rural; Larouco contará con 48.000 euros para a execución das obras de acceso á localidade de Seadur a través da N-120; A Gudiña disporá de 43.000 euros para cofinanciar o plan Hurbe que permitirá executar o proxecto de humanización e mellora de espazos públicos en Tameirón; Cortegada recibirá 18.000 euros para as bancadas do campo de fútbol; Castrelo de Miño disporá de 20.000 euros para actuacións medioambientais, e o Concello de Avión vai dispoñer de 10.000 euros para cofinanciar un proxecto de augas de Galicia para a conexión das redes de saneamento do Sifón e San Vicente con colector xeral de Avión.