O roteiro organizado polo Centro de Estudios Chamoso Lamas descubríu o patrimonio relixioso do Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Centro de Estudios Chamoso Lamas organizou hoxe, en colaboración coa Cofradía da Vera Cruz e o Concello do Carballiño, un novo roteiro no que os historiadores e investigadores do colectivo carballiñés Juan Manuel Rodríguez e Xosé Luis Sobrado, explicaron a historia, arte e arquitectura das construcións relixiosas do Carballiño.

Rodríguez e Sobrado guiaron, dende as 11,00 horas, a unha trintena de persoas por un itinerario polas igrexas parroquiais de San Roque de Señorín e de San Cibrao; pola capelas do Sagrado Corazón e da Residencia dos Irmáns Prieto, ata chegar ao templo da Veracruz, punto final do percorrido.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Entre os participantes neste roteiro de Xoves Santo, programado polo Centro de Estudios para poñer en valor o patrimonio cultural do Carballiño, estiveron o concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e o cofrade maior da Vera Cruz, Rafael Melero.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------