O Marcos Valcárcel acolle os traballos da XIII edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

O xurado do certame, presidido polo pintor ourensán Antón Pulido, seleccionou 35 traballos de artistas de España, Portugal, Brasil ou Grecia 

“Esta colaboración da Deputación de Ourense co Eixo Atlántico é unha mostra máis da ampla política de partenazgo estratéxico do goberno provincial con institución dos ámbitos económicos, sociais e culturais”, sinalou Manuel Baltar despois de visitar a exposición no centro cultural

AVANTAR ACTIVIDADES

Ourense, 2 de agosto de 2022.- O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense acolle os traballos seleccionados na XIII edición da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico, nunha exposición que poderá visitarse ate o día 28 de agosto.

O xurado do certame, presidido nesta ocasión polo pintor ourensán Antón Pulido, seleccionou un total de 35 traballos de artistas procedentes basicamente de España e Portugal, pero tamén con presenza de Brasil, Grecia ou Suiza. 

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitou a exposición no centro cultural e salientou “o excelente nivel dos participantes nesta prestixiosa certame, que enriquece a oferta expositiva do Marcos Valcárcel, un potente dinamizador da vida cultural ourensá cunha alta capacidade de atracción de visitantes, como tense demostrado con fitos como a exposición de ‘Ao redor do Universo Beatle”. 

“Esta colaboración da Deputación de Ourense co Eixo Atlántico -analizou Manuel Baltar- é unha mostra máis da ampla política de partenazgo estratéxico do goberno provincial con institución de diferentes ámbitos económicos, sociais e culturais”.