Valoración de Ribeiro en Común sobre o Entroido en Ribadavia.

IES CHAMOSO LAMAS

Luces e sobras, cunha parte exitosa do entroido grazas ao asociacionismo e a veciñanza ribadaviense que se implicou, e un fracaso por parte do Concello ao suprimir o desfile do martes de entroido.

ReC valora moi positivamente que un ano máis se demostraran as gañas de entroido que ten o pobo ribadaviense.
Traducido en que a maioría das actividades de entroido son organizadas e impulsadas desde o tecido asociativo. Tamén plasmado na boa participación que se viu no desfile do domingo de entroido, ao que sen lugar a dúbidas axudou o bo clima que fixo.

OZOCOgz Deseño Galego

Para ReC contrastou o ambiente do domingo co martes de entroido, día no que Ribadavia perdeu protagonismo e non tivo ningunha referencialidade comarcal ao suprimirse o desfile por parte do Concello. Non só respecto dos entroidos de gran arraigo popular de Barcia-Vilaverde e Covelo senón pola tarde en favor de Carballeda, onde si houbo desfile.

O xantar organizado polo Concello sen embargo foi moi participado. Aínda que desde ReC non concordamos nas formas da súa contratación. Por suposto entendemos que a xente participara do mesmo xa que a veciñanza non ten porque saber dos procedementos contractuais do Concello, e tampouco o noso grupo quixo criticalo antes xa que a festa do entroido ten que prevalecer. Pero desde logo non podemos admitir que o goberno lle contratara a organización do xantar a unha empresa de fora cando aquí en Ribadavia tiñamos varios hostaleiros dispostos a organizalo, e é mentira que se intentara por parte do Concello.

Neste sentido, Ribeiro en Común defendemos que o xantar de martes de entroido organizado polo Concello debería ser feito por hostaleiros locais e non contratado a unha empresa de fora. Unha vez máis desde o goberno priman intereses partidarios no lugar dos municipais e veciñais.

O entroido rematou onte cunha nova edición do “enterro da sardiña”, que como todos os anos foi capaz de convocar a veciños e veciñas e crear un moi bo ambiente coas súas atinadas sátiras políticas e veciñais.