Ourense mantén estabilidade: menos casos activos e mesma cifra nos hospitais

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 136 positivos novos de SARS-CoV-2, reducindo os novos contaxios de onte, e facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 2.954, o que amosa un leve ascenso dun centenar de persoas. A presión asistencial mantense. Hoxe hai 40 (=) persoas na UCI, e 148 (-3) ingresados nos hospitais.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta unha variación positiva. Hoxe hai 11 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto a onte en 6 casos, ata os 225 casos totais. Os hospitais presentan hoxe un estancamento. Contamos con 11 (=) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 3 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES