Excelente iniciativa da Residencia Xeriatrica As Caldas

A Dirección da Residencia Xeriatrica As Caldas tomou unha excelente iniciativa como é que os maiores residentes cuxa capacidade física o permite pasen unhas horas facendo cousas que habitualmente non fan como por exemplo onte día 30 ( feira no Carballiño ) foron trasladados atá a vila onde estuveron vendo a feira e poideron ser acompañados tamén por algúns familiares

Texto quitado das redes sociais da Residencia:

AVANTAR ACTIVIDADES

Á feira vou, da feira veño!
Hoxe fómonos de feira a Carballiño, os nosos maiores gozaron unha chea polo pobo, e vendo aos seus coñecidos e amigos,cambiamos de aires e fómonos de compras.
Gozaron moito a aventura, volveremos pronto. Grazas á familias que se achegaron onde nós.

VIDEO: PREMER NA IMAXE

Asi mesmo a mediados do mes de xuño estuveron no parque naútico de Castrelo de Miño

Texto quitado das redes sociais da Residencia

Onte aventurámonos a saír de excursión cos nosos maiores e poder ver a natureza,dirixímonos a Castrelo de Miño onde merendaron e estivemos a facer actividades,os nosos maiores pasáronllo moi ben e gozaron das vistas e do aire libre,pasearon riron,cantaron… viñeron para casa con ganas de repetir e pronto

VIDEO: PREMER NA IMAXE