Os galegos esgotan o Bono Cultura no primeiro día da súa posta en marcha

Hoxe poñíase en marcha o prazo para descargar o Bono Cultura da Xunta, o programa de descontos do 50% na compra de produtos ou no uso de servizos culturais. En torno á media mañá deste mesmo día, a páxina xa non deixaba descargar máis bonos, ó quedar xa esgotados.

Os vales teñen un valor de 50€ por usuario para gastar nos diferentes establecementos que se adhiran. As túas compras terán un desconto do 50% ata esgotar o crédito. Os produtos e servizos que se poden adquirir non varían con respecto á edición anterior: a compra de música gravada en CD ou vinilo, películas ou series en formato físico, libros ou videoxogos e calquera tipo de institución cultural (museo, casa- museo…), cines, concertos de música e espectáculos escénicos, entre outros.

AVANTAR ACTIVIDADES

Xa están adheridas preto de 400 empresas do sector, unha cifra que pode seguir medrando xa que ata o 14 de novembro permanece aberto o prazo para incorporarse ás empresas.