O Psdeg-Psoe de Ourense pecha unha campaña electoral “ilusionante” e na que percorreron cada recuncho da provincia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Psdeg-Psoe de Ourense pecha unha campaña electoral “ilusionante” e na que percorreron cada recuncho da provincia para trasladarlle á veciñanza que da man dos e das socialistas “hai futuro” para Ourense e as súas xentes

Dende PSOE ourensán subliñan que esta foi unha campaña de “moito e intenso” traballo e no que os e as socialistas se “volcaron” concello a concello, escoitando á veciñanza, trasladándolle os seus proxectos e pedindo o voto de cara ao 28 de maio

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A organización destaca a “gran acollida” recibida por parte da cidadanía de toda a provincia, con centos de actos celebrados por cada recuncho da xeografía ourensá e que se encheron para escoitar aos candidatos e candidatas socialistas

Ourense, 26 de maio de 2023. O PSdeG-PSOE de Ourense pecha unha campaña electoral “ilusionante” e na que percorreron cada recuncho da provincia, concello a concello para trasladarlle á veciñanza que da man dos e das socialistas “hai Futuro” para Ourense e as súas xentes. Os socialistas presentarán candidaturas este domingo nos 92 concellos da provincia, ademais de na entidade menor de Berán co obxectivo claro de “aumentar o número de alcaldías, mellorar os resultados electorais e mudar o goberno provincial”.

Dende o PSdeG-PSOE de Ourense subliñan que esta foi unha campaña de “moito e intenso” traballo e no que os e as socialistas se “volcaron” concello a concello, escoitando á veciñanza, trasladándolle os seus proxectos e pedindo o voto de cara ao 28 de maio.

Dende a organización destacan a “gran acollida” recibida por parte da cidadanía de toda a provincia, con centos de actos celebrados por cada recuncho da xeografía ourensá e que se encheron para escoitar aos candidatos e candidatas socialistas. O PSOE ourensán aspira a mudar o goberno provincial e rematar deste xeito con case catro décadas de políticas “caciquís, clientelares e absolutistas”, levadas a cabo polo clan Baltar na provincia e que levaron a Ourense a ocupar “os peores ránkings e índices de todo o panorama nacional”.

Os e as socialistas aspiran a contar este domingo co “respaldo maioritario da cidadanía da provincia para poder mirar ao futuro con esperanza, ilusión e coa forza e as ganas de traballar arreo para mudar o destino da provincia”. Neste senso afirman que nestes 15 días de campaña electoral “visitamos casa a casa, mantivemos conversas con cada veciño e veciña dos 92 municipios da provincia, realizamos centos de encontros informativos, mitins e repartos electorais, chegando practicamente ao 100% da cidadanía”.

A executiva provincial socialista destaca que “na provincia de Ourense hai futuro, da man dun PSdeG-PSOE que presenta as mellores candidaturas, cun proxecto que aposta polo progreso, a igualdade, os servizos sociais, o coidado dos maiores, a mocidade, a mellora de infraestruturas, a constitución de rutas turísticas, o fomento da creación de micro-empresas no rural, a aposta pola eficiencia e o aforro enerxético, a revitalización cultural, a loita contra a crise demográfica ou a democracia participativa”.

O PSdeG-PSOE de Ourense pechou a campaña con actos multitudinarios na tarde de hoxe por toda a provincia destacando Xinzo, Barbadás, Ribadavia, O Carballiño, Maside, Taboadela, San Cibrao, Ramirás, Vilardevós, Laza, Castrelo de Miño, Castro Caldelas, A Pobra de Trives, Rairiz de Veiga e Ourense cidade.