Accidente sen feridos na A-52, á altura do concello de Cenlle

Publicidade ASPADISI

Esta tarde, en torno ás 15:05 horas, tivo lugar un suceso ó producirse unha saída de vía dun vehículo, chocando contra o quitamedos. O accidente produciuse na A-52, no punto quilométrico 246 sentido Vigo, á altura do concello de Cenlle. O accidente de tráfico saldouse sen feridos.

Ata o lugar desprazáronse os bombeiros do GES de Ribadavia e a Garda Civil de Tráfico.

HIPER MASIDE