PLATAFORMA “EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS”

SOLICITUDE DE ADHESIÓN DO CONCELLO DE O CARBALLIÑO Á PLATAFORMA “EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS”

A violencia machista é a expresión mais brutal dunha violencia contra as mulleres que vivimos
todos os días e que constitúe a mais extendida e grave violación dos dereitos humanos.
No que vai de 2019 morreron 51 mulleres vítimas da violencia machista en España. De esas 51
vítimas, 3 eran galegas.
Un total de 1026 mulleres asesinadas dende o ano 2003.
É por elo que a loita contra as violencias machistas ten que ser unha loita de tod@s. De toda a
sociedade e de tódalas institucións. Sen importar a sigla política nin a cor. O que ten que é importar
é a igualdade e a loita conxunta de tod@s por facer de esa igualdade unha realidade.
Polo exposto anteriormente dende o Círculo de Podemos do Carballiño, SOLICITAMOS:
Ao grupo de goberno de esta corporación local que o concello de O Carballiño se adhira
a plataforma “en negro contra as violencias” , unha plataforma de acción colectiva e de
sensibilización social contra as violencias machistas.
Buscando así que o noso concello:

AVANTAR ACTIVIDADES
  1. Se comprometa a desenvolver unha política municipal activa, integral e coordinada a favor
    da igualdade e contra as violencias machistas:
  2. Promova a a implicación ampla de toda a cidadanía para adoptar compromisos persoais e
    colectivos a favor da igualdade entre mulleres e homes, así coma o rexeitamento expreso
    ante calquera manifestación da violencia machista ou discriminación sexista;
  3. Adquira o compromiso para implementar políticas de coeducación en igualdade e dirixir a
    mirada á mocidade para desterrar os roles sexuais e eliminar actitudes e comportamentos de
    orixe machista;
  4. Esixa a aplicación real das medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de
    xénero, coa dotación orzamentaria correspondente.
  5. Durante o luns 25 de novembro se leven a cabo accións e actividades de visibilidade e
    repulsa contra calquera clase de violencia machista ao longo do día, e que entre ditas
    accións se convoque unha concentración para dito día.