Asamblea aberta de AMICA

TIVO LUGAR A PRIMEIRA ASEMBLEA ABERTA DA AGRUPACIÓN DE MULLERES POLA IGUALDADE DO CARBALLIÑO (AMICA)

A necesidade dun movemento feminista no nosa bisbarra, que poña de manifesto as carencias existentes en avances para as mulleres foi o eixe fundamental da mesma.

AVANTAR ACTIVIDADES

Este pasado venres levouse a cabo a primeira asemblea aberta da Agrupación de Mulleres pola Igualdade do Carballiño (AMICA). Colectivo este que emerxeu ante a necesidade de xerar un espazo seguro para as mulleres no que compartir experiencias e iniciativas que conduzan a reivindicacións e accións que fagan desta una vila na que se poida chegar a vivir no marco dunha maior igualdade.

AMICA atópase en expansión e vai medrando paseniño pero con pé firme. Cun obxetivo claramente local e ó mesmo tempo abertas a un amplo espectro colaborativo con outras asociacións e plataformas feministas, sempre mantendo unha entidade propia na que resaltar todos aqueles comportamentos machistas que aínda seguen instalados na nosa comarca e poñendo a lupa nos micromachismos que podendo pasar desapercibidos atópanse en todos os ámbitos.

Tras apoiar o movemento contra o peche do paridoiro de Verin, e dispostas a apoiar calquera iniciativa que xurda en prol da defensa dos dereitos das mulleres, AMICA segue a dar pasos no contacto coa cidadanía do Carballiño.

Nestas asembleas preténdese dar acubillo a todas aquelas persoas que teñan inquedanzas na loita por unha sociedade máis igualitaria, na que os roles de homes e mulleres establecidos que ainda predominan, se vaian esvaecendo .

AMICA é un grupo de mulleres que marcan un rumbo claramente feminista e que anima a todas as persoas : homes e mulleres a formar parte e colaborar nesta andaina que está a comezar.