Baltar salienta no Pavillón dos Remedios “o carácter social e de deporte para todos desta infraestrutura que cumpre 52 anos”

Inauguración das novas instalacións do Pavillón Municipal “Os Remedios” de Ourense. Asisinte Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense), Alberto Nuñez Feijoo (Presidente da Xunta de Galicia), Gonzalo Pérez Jácome (Alcalde de Ourense), Gabriel Alen Castro (Delegado da Xunta en Ourense) entre outras moitas autoridades e membros da corporación municipal.

O presidente da Deputación visitou as instalacións xunto ao presidente da Xunta e o alcalde de Ourense, obras que supoñen melloras nos vestiarios, piscina e nas diversas salas deportivas

Inauguración das novas instalacións do Pavillón Municipal “Os Remedios” de Ourense. Asisinte Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense), Alberto Nuñez Feijoo (Presidente da Xunta de Galicia), Gonzalo Pérez Jácome (Alcalde de Ourense), Gabriel Alen Castro (Delegado da Xunta en Ourense) entre outras moitas autoridades e membros da corporación municipal.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou esta mañá, xunto ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, na visita ao Pavillón dos Remedios para coñecer as obras de mellora que se levaron a cabo neste recinto deportivo e que supuxeron un investimento de dous millóns de euros. Baltar destacou do Pavillón dos Remedios “o carácter social e de deporte para todos desta infraestrutura que cumpre 52 anos”, e dixo que as obras “suporán unha importante mellora nos aspectos deportivos, funcional, de servizo e de accesibilidade para os miles de usuarios que cada mes utilizan esta infraestrutura deportiva”.

AVANTAR ACTIVIDADES

As obras, desenvolvidas na planta baixa e na primeira planta abrangueron actuacións na zona de vestiarios, na piscina de 50 metros, no distribuidor e tamén nas salas de musculación e de actividades dirixidas, así como na fachada do edificio.

O Pavillón dos Remedios foi inaugurado en 1969 cun partido de baloncesto entre o Joventut de Badalona e o Real Madrid, e desde entón converteuse nun dos centros deportivos de referencia da cidade de Ourense xunto co Pazo dos Deportes “Paco Paz” da Deputación de Ourense; a nova pista cuberta de atletismo de Expourense, e as instalacións deportivas de Monterrei, actualmente en reforma, así como o futuro parque acuático que albergará este mesmo recinto. O Pavillón dos Remedios conta con máis de 17.000 metros cadrados de superficie, con dous pavillóns, campo de fútbol, piscinas e módulo de atletismo, e nas súas instalacións desenvolven actividades deportivas equipos de fútbol sala, atletas, ximnastas e nadadores.