As altas de hoxe fan baixar os casos totais do Carballiño ós 92, pese os tres contaxios rexistrados no cribado

IES CHAMOSO LAMAS

A comarca baixa hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 151, unha cifra que apenas sobre cambios.

Nesta vila, hoxe os datos baixan e o fan ata os 92, un casos activo menos. A pesar de que hoxe se contabilizan tres casos máis do cribado do martes, a cifra global baixa xa que o número de altas hoxe é maior caos novos contaxios. Se nos fixamos nos novos contaxios producidos nos últimos 14 días, a cifra baixa con respecto a onte nos 93 (-7).

HIPER MASIDE

O seguinte concello da comarca con mais casos é o de Maside, que mantén os 22 contaxiados. San Cristovo de Cea baixa un caso, ata os 15 contaxios. E despois Boborás, que baixa hoxe un caso ata os 11 activos.

Punxín mantén 8 casos activos de onte. San Amaro conta hoxe con dous casos. Piñor pasou de estar libre de coronavirus a contar cun caso activo. Beariz e O Irixo, mantéñense libres de coronavirus.