Gran éxito de participación na reactivación do bono comercio “O Carballiño contigo”

Tras asinar un novo convenio de colaboración entre a Área de Promoción Económica do Concello de O Carballiño e a Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto, o programa de tarxetas bono “O Carballiño Contigo” volve a reactivarse neste final de ano con longas filas dende primeira hora da mañá.

Para esta ocasión, contan cun importe de 40.000 € e non se distribuirán tarxetas novas; recargaranse cun importe de 25€ que agasalla o Concello e outros 25€ que aporta o cliente; tendo así un valor total de 50€ para consumir nos máis de 160 establecementos que están adheridos á campaña e tendo así un gran impacto para a economía da vila.

AVANTAR ACTIVIDADES

Reactivaranse un total de 1520 tarxetas para consumir ata o 31 de decembro de 2021, data en que caducan as tarxetas actuáis.

Mañá aínda se pode reactivar a tarxeta, desde a caseta de turismo en horario de 10h a 14h e de 16h a 21h.

Para poder facer a recarga das súas tarxetas, os clientes teñen que presentar de maneira presencial o seu DNI orixinal ou Tarxeta de Residente orixinal e así poderán reactivar dúas tarxetas por persoa.