Espazo Común en Coalición con Recortes Cero e os Verdes

ESPAZO COMÚN PECHA UN ACORDO DE COALICIÓN PARA AS ELECCIÓNS AUTONÓMICAS CON RECORTES CERO E OS VERDES

Publicidade

Deste xeito, o obxectivo de acadar que Ourense teña, á fin, voz propia e decisiva no Parlamento Galego avanza un novo chanzo.

Segue a afianzarse con paso firme o proxecto lanzado por Espazo Común para pelexar porque a provincia de Ourense teña presenza e capacidade de defender os seus, ata agora, pisoteados dereitos, acadando representación na Xunta de Galicia nas vindeiras Eleccións Autonómicas do 5 de abril.

Así, dende o convencemento de que tódolos esforzos dos que sentimos que é o momento de mudar as cousas, emerxe un acordo que busca formar unha fronte o máis ampla posible na procura dese obxectivo.

É por iso que cremos que a conxunción do coñecemento do territorio e a defensa innegociable da Galicia máis desfavorecida de Espazo Común, xunto coa forza ideolóxica de progreso, reequilibrio de recursos e defensa do entorno natural das organizacións Recortes Cero e Os Verdes, encaixa de xeito perfecto para aunar esforzos de cara a esta convocatoria electoral.

O 5 de abril pode e debe ser o principio dun novo tempo e tódolos aqueles que traballamos contra vento e marea para evitar un Ourense baleiro temos que unirnos e plantar cara ás políticas coas que tódolos partidos tradicionais levan anos castigando a esta terra.

Dende Espazo Común, consideramos que esta alianza vai permitir darlle aínda maior visibilidade á necesidade imperiosa de reacción de todos aqueles que aínda cremos que non nos debemos render na zona cero do desequilibrio territorial.

O obxectivo, está claro. Que, como mínimo, 10.000 dos 300.000 habitantes da provincia tomen conciencia de que é xa tempo de que OURENSE DECIDA.