A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal, rexistrado no concello ourensán de Melón, parroquia de Quins, que quedou controlado ás 10,11 h. desta mañá e que, segundo as últimas medicións, supera as 20 hectáreas afectadas.
O lume iniciouse ás 22,28 h. de onte e para o seu control mobilizáronse, polo de agora, 6 axentes, 10 brigadas, 8 motobombas e 1 pa.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.