O Ribeiro acada oito premios no concurso Vinespaña

As adegas da D.O. Ribeiro obtiveron un total de oito galardóns. O de gran ouro recaeu no viño Priorato de Razamonde 2020 da adega co mesmo nome. As medallas de ouro foron para os viños de Alter 2020, da adega Priorato de Razamonde; Mónica Albor “Treixadura Godello Loureira”; O Cotarelo, de Benigno Ríos Mosquera; Ramón do Casar Varietal, de Adega Ramón do Casar, e para a vendima 2019, Seika, da adega Quinta do Rebolo. Por último, Ramón do Casar Lento 2017 e Ramón do Casar Treixadura 2020, ambos da Adega Ramón do Casar, acadaron as dúas pratas.

Publicidade

O presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Casares, ala sinala destes resultados que “unha vez máis se amosa o claro camiño ascendente do Ribeiro, xa que os nosos viños obtiveron moi bos resultados neste concurso, no que os propios enólogos os qu elevan a exame os viños para poder premialos”.