O concello de Ourense cancela a celebración dos Magostos e do San Martiño

A reunión mantida hoxe entre o alcalde de Ourense e os responsables da asistencia sanitaria pública tiña a finalidade de coñecer de primeira man a evolución epidemiolóxica e a oportunidade de celebrar os eventos masivos programados. Na reunión solicitouse aos responsables municipais a máxima implicación das medidas de restrición. O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, acordou cancelar todos os eventos que se estaban organizando para os meses de outubro e novembro, como os magostos e a carreira do San Martiño. Deixa no aire a posibilidade de facer a Cabalgata de Reis e o Entroido.

A situación epidemiolóxica do municipio de Ourense -que acumula mais do 50% dos casos da provincia- continúa a ser preocupante, cun aumento constante de casos, pese as restricións implantadas en todo o concello, e con maior intensidade nun dos seus barrios, situación única neste intre na Comunidade Autónoma.

AVANTAR ACTIVIDADES