Luis Menor reivindica o Rally de Ourense como “patrimonio emocional da provincia” na presentación da súa 59ª edición

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O presidente provincial destacou hoxe na presentación da proba, considerada a gran cita do motor en Galicia, que constitúe tamén “un auténtico motor económico e social para Ourense”

Ourense, 04 de xuño de 2026.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe na Confederación Empresarial de Ourense na presentación oficial da 59ª edición do Rally de Ourense, unha das probas máis prestixiosas do automobilismo español e a gran referencia do deporte do motor en Galicia.

Durante a súa intervención, Menor puxo en valor a traxectoria dunha competición que, tras case seis décadas de historia, “mantén intacta a súa capacidade de mobilización, a paixón da súa afección e o prestixio que a converte nun referente do automobilismo nacional”.

O presidente provincial destacou que o Rally de Ourense transcende o ámbito deportivo para converterse nun dos grandes sinais de identidade da provincia. “O Rally de Ourense é moito máis ca un rally; é patrimonio emocional da provincia”, afirmou, lembrando que se trata dunha cita que forma parte da memoria colectiva de varias xeracións de ourensáns.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Luis Menor sinalou tamén que a proba reflicte o carácter da propia provincia, “coñecida polas súas augas termais, pola súa gastronomía, pola hospitalidade da súa xente e tamén por unhas condicións únicas que a converteron nun referente do deporte do motor”.

Neste sentido, destacou o papel da afección ourensá, que definiu como “extraordinaria, coñecedora e apaixonada”, así como a singularidade dos tramos e das estradas da provincia, que converten o Rally de Ourense nunha das citas máis esixentes e valoradas do Súper Campionato de España.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------