A PÁXINA WEB DA FESTA DO PULPO XA ESTÁ DISPOÑIBLE EN IDIOMA INGLÉS, CUMPLINDO UN DOS NOVOS REQUISITOS ESIXIDOS PARA A DECLARACIÓN DE FESTA DE INTERESE TURÍSTICO INTERNACIONAL
O ministerio de Comercio, Industria e Turismo modificou recentemente os requisitos para a declaración das festas de interese turístico internacional. Así, entre os novos criterios de valoración para conseguir esta declaración figura que a festa que opte a esta declaración debe contar cunha páxina web propia, e que esta debe estar traducida ao idioma inglés, independente doutros idiomas que utilice.
Ata agora, a páxina web da Festa do Pulpo www.festadopulpodocarballino.com estaba en dous idiomas: galego e castelán, pero non estaba traducida ao inglés.
En canto o concello tivo coñecemento desta ampliación de criterios por parte do departamento ministerial do goberno central que concede estas declaracións, a concellería de Turismo encargou a truducción ao inglés da páxina, un proceso que finalizou hai uns días. E neste momento a páxina xa está disponible en ingles, ademais de en galego e castelán.
Asimesmo, aproveitouse esta circunstancia para actualizar os contidos da páxina, engadir nova información, como a oferta hoteleira, e novas imaxes e videos. E tamén se mellorou a accesibilidade desde calquera dispositivo informático e electrónico, especialmente desde os teléfonos móbiles.
Entre a documentación que se remita á Xunta de Galicia, que é quen debe dar en primeira instancia o visto bo á solicitude do Concello do Carballiño, deben incluirse as estadísticas relativas ás visitas a esta páxina, sendo este o último condicionante que teña que cumplirse para o obtención da declaración da Festa do Pulpo do Carballiño como Festa de Interese Turístico Internacional.
O concello agarda poder remitir estes datos, xunto co resto da documentación, que xa está completada, antes do verán, co obxectivo de que a declaración poda ser unha realidade neste ano 2020.
