Problemas de humidades no pavillón municipal de Maside

IES CHAMOSO LAMAS

Hoxe o partido que enfrontaba o Club Baloncesto Maside contra o EDO Blanco Amor de categoría Alevín tivo que suspenderse por culpa das humidades presentes no pavillón de Maside.

O árbitro veuse obrigado a suspender o encontro no 3º cuarto do partido cando este se atopaba a táboas no marcador (14-14), ante a imposibilidade de continuar polos continuos esvaróns dos nenos que facía imposible a práctica do deporte.
É a 4ª vez esta tempada que un partido ten que ser suspendido ou mudado de sede por este motivo, sendo habitual durante todas as tempadas que se suspendan ou se aprazan encontros e adestramentos. É a segunda vez en tres semanas que se muda o encontro o Colexio Vila Do Arenteiro, o cal o club agradece o seu apoio.

SPORTUR GALICIA 2022

Este é un problema recorrente no pavillón municipal de Maside: esta mesma semana tivéronse que suspender os adestramentos véndose afectados mais de 100 nenos cunha idade comprendida entre os 4 e os 18 anos, ademais do equipo sénior. Dende o club denúnciase a falta de solucións por parte do concello nun problema que leva anos afectando e que segue sen ningún tipo de solución.