Nota do BNG

BNG INSTA AO ALCALDE A RETIRARLLE TODAS AS COMPETENCIAS EN MATERIA DE IGUALDADE E LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO AO CONCELLEIRO MANUEL SOTELO VILA

Diante da lamentable situación acontecida o pasado día 2 no pleno do Concello do Carballiño, onde a nosa compañeira e voceira Sofía García Hermida, quen estando no uso da palabra, tivo que soportar a machista e groseira interrupción do concelleiro, o Sr. Manuel Sotelo, así como a actitude cómplice do resto de membros do grupo de goberno do PSOE que riron a cachón tal “fazaña”, manifestamos o seguinte:
Censuramos sen ningún tipo de paliativos a falla de talante democrático amosado polo grupo de goberno e nomeadamente do alcalde, señor Fumega, por non ter saido inmediatamente, e de forma colexiada a facer unha condena expresa do acontecido na sesión plenaria.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dado que é moi evidente, basta con ver a gravación do pleno, que o señor Sotelo non trata de igual xeito a homes que a mulleres e non é capaz de recoñecer un acto de machismo tan indiscutible, cremos que non está, en absoluto, capacitado para exercer competencias relacionadas cunha materia tan sensible coma a defensa dos dereitos da muller

Por iso, a través deste escrito instamos ao alcalde do Carballiño a retirarlle de xeito inmediato todas as competencias en materia de igualdade e violencia de xénero asignadas ao concelleiro en cuestión, posto que non recoñecemos nas finxidas, forzadas e ofensivas desculpas posteriores do Sr.Sotelo ningúnha asunción da súa maleducada e machista intervención, xustificandoo nun “pronto”, mintindo sobre a falla de ocasión de pedir disculpas a unha voceira da que nin se molestou en aprender o apelido e coa que viña de estar reunido unha hora nunha comisión, e rematando cunha frase tan elocuente como que “con ela non teño nada que falar” desprendéndose de todo isto que a súa saída ós medios, foi forzada pola gravidade recoñecida pero non asumida dos feitos, saída, seguramente, propiciada polo “valente” alcalde, que novamente ocúltase nunha covardía vomitiva tentando quitarse o problema de enriba sen lixarse.

De non ser atendida tal petición o BNG reservase as accións que considere oportunas nos ámbitos correspondentes.
O BNG declina participar dos actos convocados polo concello, xa que consideramos que o non ter feito unha condena do acontecido, carece de calquera credibilidade, sensibilidade e sinceridade para falar ou reivindicar cuestións que teñen que ver ca celebración do 8 de marzo.
E por último queremos agradecer a multitude de mostras de afecto e solidariedade para a nosa compañeira Sofía García, por parte de veciños e veciñas, movimento asociativo e grupos políticos, nomeadamente Podemos, Espazo Común e Partido Popular, grazas a tod@s.

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (BNG) O CARBALLIÑO