Leiro mellora o funcionamento do sistema de abastecemento

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Este contrato, cun orzamento de case 12.000 euros, ten un prazo de execución duns tres meses

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O proxecto ten como obxectivo a renovación do treito de tubaxe desde Pazos de Arenteiro á estación de tratamento de auga potable de Leiro

Estas actuacións resolverán os problemas de funcionamento que se viñan producindo nesta rede de subministro de auga

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar a redacción do proxecto para mellorar o funcionamento do sistema de abastecemento do Concello de Leiro.

Este contrato, que foi adxudicado á empresa Diagrama Ingeniería Galicia S.L por un investimento de case 12.000 euros, ten un prazo de execución duns tres meses.

A intervención consistirá na renovación de tubaxe desde Pazos de Arenteiro á estación de tratamento de auga potable de Leiro.

As actuacións teñen como obxectivo resolver os frecuentes problemas de funcionamento que se veñen producindo neste treito de condución que abastece á ETAP e ao depósito de Leiro.

Para isto, no proxecto analizarase a situación actual destas instalacións e definirase o conxunto de actuacións necesarias para acadar a mellora na rede de subministro de auga neste municipio ourensán.

A Xunta, mediante estas actuacións, colabora cos municipios para resolver as súas carencias nas infraestruturas hidráulicas e proporcionarlles aos veciños un sistema de abastecemento que responda ás súas necesidades.