O BNG de Leiro pide que o concello reclame o arranxo de estradas provinciais da zona

O BNG de Leiro presentou unha moción no concello para que o goberno local solicite á Deputación de Ourense, propietaria da estradaOU-304, a colocación dun valado de maior altura, xa que o actual ten apenas 50 centímetros. Esta petición débese a que ocorrera un incidente no que un veciño de Leiro caera dende esta estrada de Berán ata a Carreira.
Aínda que a OU-304 sexa unha estrada de competencia provincial, dende o BNG reclaman que é unha obriga do municipio manter a seguridade das infraestructuras que forman parte do seu termo.

Dende a formación denuncian tamén que a OU 304 xa sofreu diferentes desprendementos durante o inverno pasado, que aseguran que aínda non foron retirados na súa totalidade da calzada a día de hoxe, afirmando que supoñen un perigo real para os usuarios da mesma.  
Por todo isto, dende o BNG solicitan que o concello de Leiro mostre o seu descontento coa Deputación de Ourense polo que aseguran que é un mal estado no que se encontran as infraestructuras de propiedade provincial e que esixa a colocación dun valado de maior altura nesa área.

AVANTAR ACTIVIDADES
IMG_20200828_124326.jpg