O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou no acto de entrega do xvii premio de literatura infantil e xuvenil Pura e Dora Vázquez

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou hoxe no acto de entrega do XVII Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Pura e Dora Vázquez, que se desenvolveu esta mañá no CEIP Mestre Vide de Ourense.

O colexio público Mestre Vide de Ourense foi o centro escollido este ano para a entrega do XVII Premio “Pura e Dora Vázquez” de narración e ilustración infantil e xuvenil que organiza a Deputación de Ourense, que na presente edición recaeu na escritora Begoña Graña pola súa obra Adrán e a fábrica de xeo e na ilustradora María José Rodríguez. O presidente provincial, Manuel Baltar, entregou ambos os dous galardóns -diploma acreditativo e un premio de 1.500 euros- nun acto que contou coa presenza dun cento de escolares de 5º e 6º de Primaria -que tamén gozaron da actuación do mago Deimi-, directivos e docentes do Mestre Vide e o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.

AVANTAR ACTIVIDADES