O delegado da Xunta en Ourense recibe ós gañadores da Copa de España de Taekwondo

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, recibiu esta mañá aos gañadores da Copa de España de Taekwondo, Ainoha García, Medalla de Ouro en júnior, 67 kg; María Ferreiro, Medalla de Prata en júnior, 49 kg; Hugo Maya,  Medalla de Prata en cadete, 49 kg. e Martín Conde, Medalla de Bronce en júnior, 73 Kg. que se desenvolveu esta fin de semana na localidade de alacantina de Benidorm.

Publicidade

Gabriel Alén trasladoulle as felicitacións e parabéns de toda a sociedade galega polos resultados acadados, e animounos a seguir competindo, “como un exercicio de superación permanente que ven avalado polo esforzo e o traballo deportivo individual e de equipo”, sinalou o delegado territorial, quen engadiu, “ademais da honra e orgullo de levar o nome de Ourense e de Galicia por todo Estado”.