Extraordinaria actuación da Escolanía de Segovia

O CORO DE VOCES BRANCAS DA ESCOLANÍA DE SEGOVIA INAUGUROU ESTE VENRES NO TEMPLO DA VERACRUZ DO CARBALLIÑO O XIII FESTIVAL INTERNACIONAL DE MÚSICA PÓRTICO DO PARAISO

Publicidade

Por primeira vez nos trece anos de historia do Festival Internacional de Música Pórtico do Paraíso, a sesión de apertura non tuvo lugar na catedral de Ourense, senón no Templo da Veracruz do Carballiño, e o fixo  cun concerto do coro de voces brancas da Escolanía de Segovia, que é un referente da música coral en España.

Actuación Extraordinaria con gran éxito de público

Nos dous seguintes VIDEOS pódese apreciar o nivel da Escolanía de Segovia. O primeiro video é do ensaio dunha das cancións que posteriormente interpretarón. O segundo é un enlace a páxina web do Concello. É xa un Video da actuación

ACTUACIÓN na VERACRUZ

A Escolanía de Segovia é un coro de voces brancas, dirixido por María Luisa Martin, que conta con vinte anos de historia e unha traxectoria de gran prestixio. Así, ten participado en numerosos festivais, mostras corais e acontecementos destacados, como a XLIV Semana de Música Religiosa de Cuenca, a inauguración do auditorio Miguel Delibes de Valladolid, Auditorio Nacional de Madrid, XXIII Festival de Música Española de León, VII Festival Internacional de las Artes de Castilla y León ou diversas edicións da Semana de Música Sacra de Segovia e do Festival de Segovia.

A Escolanía realizou colaboracións con prestixiosos coros, orquestras, artistas e directores, como o coro e orquestras nacionais dirixidos por Frühbeck de Burgos, o Coro e Orquestra Barroca de Ámsterdam dirixidos por Tom Koopman, a Orquestra Sinfónica de Castilla y León dirixidos por Alejandro Posadas, Coro de la Comunidad de Madrid e a OSCyL dirixidos por Jesús López Cobos e por Lionel Bringuíer, o Coro e a Orquestra de RTVE dirixidos por Semyóm Bychkov, a Coral y Orquesta Politécnica de Madrid, a Orquesta Carlos III de Madrid, o cantautor Amancio Prada  e os grupos La Carraca, a Capilla Jerónimo de Carrión e Los Calchakis,