O GOBERNO CARBALLIÑÉS APROBA CON NUMEROSAS IRREGULARIDADES E NINGUNHA ÉTICA OS ORZAMENTOS DO AMIGUISMO E A PANDEIRETA
Á dubidosa dimisión ” en diferido” da concelleira de deportes, únese agora a confirmación de que se aprobou unha xenerosa subvención para un club de patinaxe do que é tesoureira a muller do alcalde.
Onte viviuse un novo bochorno no salón de plenos do concello do Carballiño no marco do debate dos orzamentos que, dende Espazo Común, xa denunciamos por activa e por pasiva que son absolutamente nocivos para o futuro da nosa vila.
Trátase dunhas contas desequilibradas, inxustas, arbitrarias, e descaradamente orientadas en beneficio dos afíns e achegados ó partido do goberno.
Un proxecto que deixa só 285 mil euros para inversións e pola contra reserva 230 mil euros para festexos dato que xa fala por si mesmo.
Igual que o feito de que o Centro Comercial Aberto reciba unha subvención de só 6.200 euros na mentres un club de patinaxe recibe 6.500 euros. Estos son feitos que explican de xeito moi evidente o desastre do proxecto orzamentario que nin o propio alcalde Fumega foi quen de defender, agardando a que remataran os turnos de palabra da oposición para facer a súa primeira intervención ó final do pleno sen posibilidade de debate.
O noso voceiro, Adolfo Nogueira, puxo enriba da mesa a ilegalidade que suporía que Manuel Sotelo e Silvia Baranda vicepresidentes de Arenteiro e Carballiño FS votasen para aprobar senllas subvencións de 85 mil e 20 mil euros para as entidades nas que teñen intereses.
No caso de Sotelo, así se fixo e abstivose para non provocar a nulidade do pleno, pero no caso de Baranda, anunciouse xa transcurrido un bo tramo da sesión unha suposta dimisión no mes de agosto que ninguen, nin o propio alcalde coñecía.
Sen dubidar da palabra da concelleira o certo é que os socios do club no tiñan coñecemento de esta renuncia e que, a día de onte, figuraba na páxina web oficial da federación galega coma vicepresidenta da entidade. A esto hai que engadir un feito aínda máis desconcertante. Hai apenas 3 semanas foi presentado un album de cromos do Carballiño FS, acto no que participou a propia concelleira, pois ben, nese album do que hai ducias de exemplares polo pobo a diante e editado en febreiro, segue a constar o nome de Silvia Baranda coma vicepresidenta.
Se esta confusión e a mala imaxe non fora suficiente, no día de hoxe tivamos coñecemento de algo aínda máis grave e que deixa, definitivamente, polo chan a ética de este goberno.
Despois de estar medio pleno debatendo sobre o conflicto de intereses de estes dous concelleiros chegando Sotelo a abasterse por esta causa agora descubrimos que a muller do alcalde é tesoureira do club de patinaxe antes mencionado e agasallado con 6.500 euros de subvención directa.
A situación derivada de estes acontecementos supón un auténtico escándalo e pon en tea de xuizo a integridade do rexedor, pois era a súa obriga legal e moral dar conta de esta circunstancia ó pleno e absterse na votación.
Dende Espazo Común e ante a gravidade dos feitos que van saíndo a luz reservámonos a posibilidade de emprender calquer acción que considremos necesaria para acabr con estas prácticas absolutamete inpresentables.