Nota do Concello de Cea: Falece D. José Hipólito Rodríguez Presas, que foi alcalde durante 30 anos

D. José Hipólito Rodríguez Presas (Santrós 8/1/1929 – San Cristovo de Cea 23/5/2020), alcalde de San Cristovo de Cea desde o 4 de maio de 1960 ao 19 de agosto de 1991, finou hoxe na súa casa de San Cristovo de Cea. O noso máis sincero pésame a familiares e amigos.

Tras máis de 30 anos exercendo como a máxima autoridade municipal, deixou unha importante pegada no noso Concello con importantes obras e servizos.

O Concello de San Cristovo de Cea decreta tres días de Loito Oficial na honra dun baluarte importantísimo da Nosa Historia.

Publicidade Premer na Imaxe

D.E.P. Alcalde!!

NOTA*: Por expreso desexo da familia, non se recibe do e os actos fúnebres serán realizados na máis estricta intimidade familiar. Agradecen, asimesmo, a comprensión de todos.