Galicia estabiliza os ingresos e rexistra 142 contaxios novos

Nas últimas 24 horas a comunidade galega conta con 142 positivos novos de SARS-CoV-2, facendo que, restadas as altas, os datos totais pasen ós 3.257. A presión asistencial descende. Hoxe hai 77 (=) persoas na UCI, e 289 (-3) ingresados nos hospitais.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras continua co descenso de casos. Hoxe hai 6 contaxios novos. Restadas as altas, a cifra baixa con respecto a onte en 11 persoas, ata os 208 casos totais. Os hospitais presentan estabilidade, contando con 22 (-1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 4 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES

PUBLICIDADE