O ximnasio e as piscinas de Avión reabrirán logo de acometer melloras

Logo da realización de obras de mellora e reparación nas instalación da piscina municipal e do ximnasio, o concello de Avión informa que nos próximos días se procederá á súa reapertura. O funcionamento a partir de agora será con cita previa e cun aforo limitado. As obras contaron ca colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte e cun investimento que supera os 17.000 euros.