Maside instala na Praza Maior un panel informativo sobre o seu patrimonio

IES CHAMOSO LAMAS

Acaba de instalarse na Praza Maior de Maside un panel explicativo da riqueza patrimonial do municipio baixo o título “Concello de Maside. Terra de auga, fragas e pedra“. O panel está incluído no proxecto de sinalización e posta en valor do castro de Santa Mariña. Estivo cofinanciado pola Asociación de Desenvolvemento Rural Carballiño–Ribeiro GDR 12.

O propósito do panel é mostrarlle aos veciños e aos visitantes os recursos máis salientables do concello: A área termal e recreativa da Rañoa, o Espazo Natural de Interese Local do Pozo do Lago (ENIL), a ruta do románico e a ruta do castro de Santa Mariña.

HIPER MASIDE

Tratouse de reunir nunha infraestrutura, de forma sinxela, comprensible, accesible e visual, os recursos, lugares, paisaxes e rutas máis relevantes de Maside. Convida ao lector a unha combinación do turismo cultural co turismo de natureza e benestar. A idea é aumentar o interese turístico do concello presentando unha oferta complementaria ao resto dos 21 concellos que forman parte do GDR 12.


VIDEO SPOT MASIDE en BADAL TV