O FP Dual de soldadura e calderería do IES Chamoso Lamas seguirá no próximo curso ca colaboración de Gri Towers e Dizmar

Esta mañá no concello do Carballiño anunciouse o mantemento do F.P dual de soldadura e caldeiraría no centro Chamoso Lamas. A este encontro acudiron tamén as dúas recoñecidas empresas do sector do metal: GRI Towers Galicia e Talleres Dizmar.

Renovan o convenio coa Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades para a implantación deste curso dual de soldadura único na provincia de Ourense.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os ciclos de formación profesional contan en Galicia cun 80% de inserción laboral e as empresas demandan persoas instruídas para este tipo de traballos. Buscan soldadores especializados que dominen a técnica e para iso, contribúen tamén no momento da aprendizaxe do oficio.

Este curso 2021-2022 o ciclo de soldadura que oferta o IES Chamoso Lamas contaba con 14 prazas, que aumentan a 16 para o vindeiro ano. As clases lévanse a cabo nunha zona da empresa Talleres Dizmar. Isto seguirá sendo así de forma temporal ata que existan no edificio do instituto unhas instalacións acondicionadas.

Está previsto que cara o curso 2023/2024 se poida impartir o  curso de soldadura nunha nave anexionada ao IES Chamoso Lamas. Desta maneira poderanse ampliar as prazas aínda máis, ata 24 dispoñibles neste ciclo dual.

O Grupo Dizmar é encargado de realizar proxectos a nivel nacional e internacional (Guinea Ecuatorial, Brasil). GRI Towers, nacida en 2008, conta con 16 fábricas e presenza en 8 países.

Tanto docentes como responsables das institucións privadas coinciden en que é importante que exista por parte do alumnado unha demanda de este tipo de formación que asegura o seu futuro laboral e chama a matricularse a todos aqueles interesados. O prazo de matrícula permanecerá aberto no IES Chamoso Lamas ata o 5 de Xullo.