O PSDEG-PSOE CUESTIONA A BALTAR

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Nota de Badal: A foto é de arquivo

O PSDEG-PSOE CUESTIONA QUE BALTAR REPARTA A DEDO EN PLENA ALERTA SANITARIA FONDOS DA DEPUTACIÓN PARA OBRAS NON PRIORITARIAS ENTRE CONCELLOS AFÍNS

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

“Estes cartos poderían servir para paliar as consecuencias derivadas da actual situación de alerta”, recalca Villarino antes de reclamar ó bipartito de PP e DO que “poña fin de inmediato a estas prácticas”
A xunta de goberno aprobou centos de miles de euros a municipios como Muíños, A Veiga ou Porqueira para actuacións que os socialistas non consideran “prioritarias neste momento” como asfaltado

O PSdeG-PSOE cuestiona que Manuel Baltar manteña, en plena alerta sanitaria, o seu reparto a dedo de fondos públicos da Deputación de Ourense, exclusivamente entre concellos gobernados polos seus alcaldes afíns. A última xunta de goberno da institución provincial acaba de adxudicar centos de miles de euros en subvencións directas a municipios como Muíños, A Veiga ou Porqueira para actuacións que os socialistas non consideran “prioritarias neste momento” como asfaltado ou iluminación pública.
“O sistema caciquil e decimonónico co que a Deputación reparte os fondos públicos como se fose un sultanato segue en plena alerta sanitaria”, denuncia o voceiro, Rafa Villarino quen salienta, una vez máis, que “estamos ante un evidente agravio para os veciños e veciñas de concellos onde non gobernan os amigos do presidente, que se adica a repartir a meirande parte dos cartos públicos a dedo e sen criterios de equidade”. “Estes cartos poderían servir para paliar as consecuencias derivadas da actual situación de alerta”, recalca antes de reclamar ó bipartito provincial de PP e DO que “poña fin de inmediato a estas prácticas” e “centre os seus esforzos en prestar asistencia e cooperación ós concellos da provincia en asuntos de primeira necesidade como son os servizos de asistencia social, limpeza ou servizos económicos”.

O principal obxecto da deputación, así estipulado na lei, é adicar as súas actuacións e recursos “á cooperación cos concellos e garantir uns servizos municipais de calidade para todos os cidadáns en condición de equidade”, algo que debería ser “máis primordial que nunca” neste momento. Os socialistas destacan como, por exemplo, ó longo do pasado 2019, Muíños recibiu 248.000 euros da Deputación (165 por habitante) e a Veiga 309.000 (347 euros por habitante), fronte a outros municipios non gobernados polo PP como Allariz (36 euros por habitante) ou O Barco de Valdeorras (12 euros por habitante).

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------