Non queremos aplausos nin cancións . O que queremos é material para traballar en condicións adecuadas

Foto arquivo. Fonte Faro de Vigo

A comisión do CHUO ( Complexo Hospitalario Universitario de Ourense  )quere máis medios para combatir o coronavirus

“Non queremos aplausos ou ovacións polas xanelas, nin cancións nin coplas. O que queremos é material para traballar en condicións adecuadas”

Publicidade

A comisión de centro do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense ( CHUO), que integran os principais sindicatos sanitarios, esixiron hoxe a “dotación inmediata” de material de protección nas instalacións hospitalarias para garantir a seguridade dos traballadores ante a epidemia por coronavirus.

Advirten de que “non podemos permitir” que os primeiros en enfrontarse a esta crise, en alusión aos profesionais sanitarios, “non teñan medios”