O PP de Carballiño pide aplazamento de pago para tasas e impostos

O GRUPO POPULAR DO CONCELLO DO CARBALLIÑO INSTA AO GOBERNO MUNICIPAL A QUE OS PRAZOS DE PAGO DE TASAS E IMPOSTOS MUNICIPAIS SE RETRASE  ATA FINAIS DE ANO.

Publicidade

TRÁTASE DE QUE O CONCELLO DEIXE OS CARTOS NAS FAMILIAS O MAIOR TEMPO POSIBLE PARA COMBATIR OS EFECTOS DO CORONAVIRUS.

EN CASO DE FALTA DE LIQUIDEZ NAS ARCAS MUNICIPAIS, PODERÍA ACUDIR A UNHA OPRACIÓN DE TESOURERÍA BANCARIA DE CURTO PRAZO.

Algunhas tasas se poderían anular por falta de actividade como terrazas, outras se poderían modificar como as do lixo onde os locais que non tiveron actividade poderían pagar como local pechado o tempo que estiveron nesa circunstancia, e outras tasas se deberían se retirar por razón de que o servizo municipal se deixou de producir.

Ademáis desto, en todo caso, é potestade do Goberno Municipal o poder variar o calendario fiscal, polo que, o goberno municipal ten nas súas mans o poder facer que a veciñanza, autónomos e empresas poidan reter no seu poder o importe concernente a tódolos impostos e tasas municipais ata o mais tardar o mes de Decembro do presente ano.

De facerse este aprazamento, o Concello non correría ningún perigro de falta de liquidez, para afrontar pagos comprometidos, pola falta de ingresos en momentos puntuais do ano, pois podería facer operacións de tesourería a curto prazo, que lle daría esa liquidez e incluso a xuros moi por debaixo do que podería conseguir cada vaciño/a de forma individual.

Trataríase de que todos os prazos de pago se iniciasen nos mesmos momentos previstos durante o ano, pero que o derradeiro momento de pago sexa en Decembro, e así, todo aquel que poida facer frente a estas obrigacións o podería facer e quen teña dificultade o podería retrasar.

Neste tempo de flexibilidade, cabería a posibilidade tamén que aquelas persoas con dificultades económicas poidan solicitar o fraccionamento do pago, que podería ser de ata 24 meses, para así facer posible adaptarse á realidade da situación económica de cada un.