Para o BNG, a nova estación de autobuses de Ourense é unha mostra máis do desleixo e falla de ambición da Xunta para coa nosa cidade

IES CHAMOSO LAMAS

Resulta chocante que un día que debería ser positivo e de ledicia pola entrada en funcionamento dunha renovada infraestrutura, nunha cidade e provincia tan necesitada de novos proxectos e investimentos, sexa un momento para se laiar dunha oportunidade perdida para Ourense.

Para o BNG a posta en funcionamento da nova estación de autobuses de Ourense pon de manifesto a falla de compromiso e ambición da Xunta de Galiza xa que a nova intraestrutura lonxe de permitir a permeabilidade dos barrios da Ponte e o Vinteún, acrecéntaa ao tempo que convirte nunha rotonda un centro de saúde.

HIPER MASIDE

Para o deputado por Ourense Iago Tabarés esta infraestrutura así como o proxecto de integración da alta velocidade na cidade de Ourense, así como a necesidade de dotar ao AVE dunha estación acorde coas características do tren “é unha oportunidade para eliminar a separación entre bairros de Ourense que actualmente supón o camiño de ferro, así como dotar á cidade dunha estación intermodal que axilice e racionalice as comunicacións terrestres. A estación de autobuses que onte entrou en funcionamento é un paso no sentido contrario”.

O BNG insta en particular ás institucións públicas, así como aos partidos políticos e organizacións sociais e a cidadanía en xeral a que “non renuncien a unha estación digna que sirva para integrar o bairro de A Ponte co resto da cidade e non incremente os problemas do transito e a habitabilidade da zona e que sexa verdadeiramente intermodal”.

Para o deputado Tabarés “debe rematar o tacticismo curtopracista de dicir unha cousa en Ourense diferente á que se mantén en Madrid, algo que PP e PSOE levan, alternativamente, facendo dende hai máis de 15 anos”.

Asemade os nacionalistas aproveitan para lembrar unha vez máis que a chegada do AVE non será tal ate que non se complete a variante exterior, que aínda esta sen licitar e que acumula un atraso de varios lustros. Xa que logo, hoxe non é un día de ledicia para os que sinten Ourense como propio e non como unha mera moeda de troca. Ourense ten que saír do vagón de cola.