Espazo Común propón traspasar 360.000 € de persoal para apoiar a comercio, hostalaría e autónomos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

ESPAZO COMÚN PROPÓN TRASPASAR 360.000 € DO CAPÍTULO DE PERSOAL DO ORZAMENTO 2020 DO CARBALLIÑO PARA O APOIAR A COMERCIO, HOSTALARÍA E AUTÓNOMOS

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Esta modificación non trastocaría o funcionamento do Concello pois os fondos pertencen a postos que están vacantes.

Este importe, unido aos 270.000 € propostos en alegacións, suporían unha primeira aportación de 630.000 € para inxectar á economía local nesta crise que debería ter continuidade coa aplicación dunha parte importante do remanente de Tesourería de 4.000.000 € anunciado polo alcalde.

Namentres o grupo de goberno se adica a unha utilización totalmente lamentable dos recursos públicos cun reparto de mascarillas a capricho e outras accións só destinadas ao escaparatismo sen fondo algún, dende Espazo Común seguimos a traballar en medidas concretas e reais de apoio á cidadanía.

Unha das máis grandes problemáticas que vai deixar tras de sí esta pandemia do COVID-19 é a difícil situación económica na que vai quedar gran parte do comercio, da hostalaría e, en xeral, dos autonómos.

Por iso, seguimos a traballar en propostas que permitan paliar na medida do posible este complexo futuro que se presenta, tendo en conta que son sectores esencias no Carballiño.

En días pasados, presentamos para que sexa debatida no pleno de aprobación definitiva dos orzamentos para o exercicio 2020 unha serie de alegacións que suporía mudar 270.000 € das partidas de festexos e outras que se fan menos necesarias ca nunca ás de apoio á economía local e Servizos Sociais.

Hoxe vimos de rexistrar unha nova iniciativa para que pola vía da modificación de crédito, xa que só se pode facer despois da aprobación definitiva das contas, se trasvasen outros 360.000 € para liñas de apoio ao pequeno empresariado carballiñés.