A Deputación impulsa a economía e o emprego cun investimento anual de máis de 12 millóns de euros

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Deputación de Ourense impulsa a economía e o emprego na provincia cun investimento anual de máis de 12 millóns de euros (12.390.364) para obras e servizos. A institución que preside Manuel Baltar anuncia que reinicia as obras paralizadas e que dá comezo a novos traballos no marco do Plan Provincial de Obras e Servizos e no Plan da Rede Viaria Provincial, de infraestruturas e servizos para os concellos, aprobado no pleno da corporación provincial do pasado mes de xaneiro, cun orzamento de 6.573.260 euros -dos cales a Deputación investirá 5.938.500 euros e os concellos 634.760 euros- e 2.831.985 euros para o Plan Complementario de Obras e 3.619.879 para complementario de rede viaria provincial. Ademais, no Plan recóllese un investimento de 144.000 euros que achegará a Deputación para o réxime especial para concellos en situación de insuficiencia financeira manifesta.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O volume de obras en execución e previstas ascende a un total de 211, correspondéndolle ao Plan de Obras 114 (99 en obras e servizos e 15 na rede viaria provincia), mentres que no Plan Complementario o total de obras son 97 (64 en obras e 33 na rede viaria). Nestes momentos están en tramitación un total de 149 obras, mentres que outras 23 obras por procedementos abertos atópanse paralizadas como consecuencia do estado de alarma. Nestes momentos, para o exercicio 2020, están pendentes de licitar 8 millóns de euros e atópanse en execución 33 obras, adxudicadas desde o pasado mes de xaneiro.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, valora moi positivamente a reactivación económica que inicia o goberno provincial concretamente no que se refire ao Plan de Cooperación cos concellos, sendo a Deputación a única a administración que executa obras en todos os concellos da provincia (92), unhas obras que contribúen ademais a activar economicamente o noso territorio, pois crean emprego, riqueza e benestar, considera o presidente Baltar.

Por outra banda, e dentro tamén da estratexia da Deputación de Ourense de implementar medidas na loita contra a pandemia, onte reuniuse o comité de seguimento do COVID-19, encontro no que se analizou a resolución correspondente ao novo escenario que estende o estado de alarma até o 26 de abril. Neste sentido, procedeuse a actualizar o protocolo xeral de medidas de prevención do COVID-19 no sector público provincial, co obxectivo de ampliar a lista de servizos esenciais de prestación presencial por parte da Deputación de Ourense, incluíndo os relacionados os seguintes: servizos de recollida de residuos municipais e de puntos limpos; limpeza da rede viaria de Viana do Bolo e Carballeda de Valdeorras e Os Blancos; abastecemento de auga, saneamento e depuración e iluminación pública nos Blancos; rede de centros de acollida de animais abandonados; asistencia aos municipios, en xeral, e en particular para a xestión de servizos relacionados co ciclo hidráulico; mantemento de zonas verdes; reparación e mantemento de vehículos e maquinaria pública no Taller de Maquinaria; vixilancia de obras públicas en execución; servizo de teleasistencia domiciliaria; abastecemento e saneamento no Barco de Valdeorras, así como o servizo de depuración de augas residuais na comarca de Valdeorras; servizo de intervención en emerxencias, dependente do Consorcio CIS; as granxas e explotacións agropecuarias da Deputación e do Inorde; o Instituto Agro-gandeiro de Xinzo, e o Boletín Oficial da Provincia, manténdose a súa publicación electrónica.

Ademais, dentro das actividades telemáticas que realizan os órganos e departamentos da Deputación e tamén no marco das iniciativas para favorecer a reactivación económica, o vindeiro xoves reunirase a Xunta de Goberno e, por outra banda, o Comité do Día Despois.