As comarcas do Carballiño e O Ribeiro recuperan certa normalidade co inicio da Fase 1

E qué se pode facer na Fase 1 da desescalada? O mais destacado é a apertura de comercios e terrazas de bares e que temos libertade de circulación para poder facer actividades comerciales, e reunirnos con ata dez familiares ou amigos.

Hoxe reabriron sen necesidade de cita previa os comercios minoristas de ata 400 metros cadrados que non estean en centros comerciais. A excepción dos concesionarios, a ITV e os centros de xardinería e viveiros de plantas que seguirán traballando con cita. Un dato curioso, as administracións de lotería non abrirán por ahora.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os establecementos só poderán abrir cun un 30% do aforo e ten que garantizarse unha distancia social entre clientes de dous metros. Esto fixo que hoxe, con moita máis xente polas rúas do Carballiño, se formasen colas á entrada dalgunhas tendas. Ademais, os comerciantes teñen que desinfectar mínimo dúas veces o día, e poñer a disposición do cliente geles desinfectantes. Algunhas destas tendas reduciron o horario de apertura ata ver como van as vendas.

As tendas de textil e arranxos de roupa desinfectarán as prendas despois de que o cliente as probe e non as merque ou devolva outras prendas.