A Praza de Abastos adaptase as novas circunstancias

IES CHAMOSO LAMAS

A PRAZA DE ABASTOS DO CARBALLIÑO ADAPTASE AS NOVAS CIRCUNSTANCIAS E AGARDA CON OPTIMISMO A VOLTA A NORMALIDADE

A Praza de Abastos do Carballiño, como servizo esencial, segue ao pé do canón abastecendo aos veciños con produtos de calidade e proximidade a pesar das dificultades que sen dúbida trouxo a crise sanitaria

HIPER MASIDE

Para facilitar o confinamento, sobre todo das persoas maiores e grupos de risco, a praza ofrece un servizo de reparto a domicilio co que podemos desfrutar de produtos frescos sen saír da casa. O concello do Carballiño compartiu nas redes sociais os teléfonos de todos os postos da praza de Abastos onde poderemos facer a nosa encarga que nos será entregada na nosa propia casa, tanto se vivimos no casco urbano como na aldea

Se o preferimos podemos achegarnos ata a Praza de luns a sábado de 08,30 a 14,30 h. Os praceiros informan que este xoves santo e o sábado estarán abertos ao público no horario habitual e durante eses días tamén realizarán entrega das encargas a domicilio.

O presidente dos praceiros, Eligio González, ve con optimismo a volta a normalidad a pesar de que lles falta parte dos seus clientes, os hostaleiros, que teñen a porta pechada.

VIDEO