A CEO celebra o seu 45 aniversario este xoves dia 15

Este xoves, 15 de decembro, a CEO celebrará o seu 45 aniversario nun acto no restaurante A Carballeira ao que están convocados representantes do tecido empresarial da provincia, así como autoridades políticas, económicas e empresariais de ámbito local, provincial, rexional e nacional, e ao que acudirán tamén os expresidentes da entidade, que recibirán unha homenaxe de todo o colectivo empresarial.

Igualmente, no transcurso do evento entregaranse os premios a 11 empresas ourensás que destacaron en distintos aspectos como a integración laboral, innovación, dixitalización, responsabilidade social, sustentabilidade ou comercio, entre outras categorías, e que inclúe tamén o premio José Manuel Pérez Canle á exportación.

AVANTAR ACTIVIDADES

Entre as autoridades confirmadas figura o vicepresidente primeiro da Xunta, Francisco Conde, o alcalde de Ourense, Gonzalo P. Jácome, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, os presidentes de CEOE, Cepyme e ATA, Antonio Garamendi, Gerardo Cuerva e Lorenzo Amor, respectivamente, o conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas, o presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, así como os seus homólogos provinciais, entre outras autoridades.

Acto – Celebración 45 aniversario de la CEO

Lugar – Restaurante A Carballeira de Santa Cruz de Arrabaldo

Fecha – jueves, 15 de diciembre, 2022

Hora – 13:00 horas