Os efectos do Covid-19 podrían afectar de forma directa na provincia

A primeira aproximación do Observatorio Económico Ourensán (OEOu) ao impacto potencial da crise do coronavirus no emprego provincial revela que a maior afectación darase en autónomos e micro empresas. En concreto, o informe que impulsa a Deputación de Ourense para coñecer a situación socio-económica da provincia, conclúe que os efectos do Covid-19 poderían chegar a afectar dunha forma directa á ocupación de máis do 65 % dos autónomos da provincia e do 50 % dos traballadores.

AVANTAR ACTIVIDADES

Neste sentido, o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, defende que as medidas que se tomen para reactivar a economía da provincia e temporal importante para reducir o impacto da crise

Segundo o Observatorio, a afectación de autónomos e micro empresas será debida á existencia dunha maior concentración desta tipoloxía de ocupados nas actividades máis intensamente afectadas o peche; á súa menor capacidade de resistencia e por tanto a súa maior vulnerabilidade económico-financeira; e á menor cobertura da que dispoñen moitos dos autónomos derivadas da súa elección de bases de cotización menores.

A estimación sobre o impacto potencial que podería chegar a ter o parón de actividade realizouse utilizando metodoloxías habituais para estes casos, tomando como cifras de referencia os 23.441 autónomos que, en termo medio, cotizaron na provincia de Ourense durante o pasado mes de marzo e a súa distribución por actividades (primeira columna da táboa 1) e analizando dous escenarios posibles: uno base e outro adverso.

Tendo en conta as posibles caídas da actividade por cada rama de actividade e en cada un dos escenarios (columna 2), e o seu impacto na posible caída potencial de afiliados (columna 3), se se producisen todas estas reducións da actividade durante doce meses, a caída do emprego dos autónomos na provincia oscilaría entre o 54,3 % no caso do escenario basee (-12.720), e do 76,4 % no adverso (-17.905). O que suporía que a caída potencial da afiliación durante cada mes que se manteña freada a actividade, se se desen de baixa todos os afectados no réxime de autónomos, equivalería a unha perdida estimada dun 4,5 % da afiliación anual no escenario basee, até un descenso do 6,7 % no escenario máis adverso. Se -tal e como se prevé- é de, polo menos, dous meses situariámonos/situariámosnos nuns efectos potenciais entre o 9 % e o 12,7 %, e así proporcionalmente.

Unhas cifras que nos permiten facernos á idea do efecto potencial de ocupados que poderían verse afectados pola crise do Covid-19, e que o mesmo informe do OEOu recolle que non se chegasen a producir xa que a baixada de actividade non ten que traducirse automaticamente en baixas da totalidade dos autónomos afectados, sendo previsible que moitos deles fagan esforzos por manter a súa cotización, dependendo a súa incidencia final da duración da crise, da actividade de cada subsector, do potencial de resistencia financeira de cada autónomo e das axudas que reciban.

En canto á incidencia potencial nos ocupados cotizantes no Réxime Xeral (para ver a baixada no traballo por conta allea), a cifra potencial do impacto da crise do COVID-19 afectaría a unha porcentaxe entre o 40 % e o 60 % dos traballadores do devandito Réxime, cun descenso potencial que podería chegar a ser, por cada mes de parón, do 3,3 % no escenario basee e do 4,8 % no escenario adverso (por baixo das potenciais caídas en autónomos para os mesmos escenarios de descenso da actividade por sectores, o que ratifica que as actividades máis golpeadas pola crise tenden a ser, en maior medida, aquelas en as que a presenza de traballadores autónomos é máis relevante.