O club de patinaxe Aehde confía en poder continuar a tempada

O CLUB DE PATINAXE AEHDE CONFÍA EN PODER CONTINUAR A TEMPADA DO 2020 NOS VINDEIROS MESES

A patinaxe, coma todos os deportes está coa súa actividade e competicións suspendidas ata novo aviso. Os deportistas continúan nos seus fogares coas súas rutinas de preparación seguindo as directrices dos adestradores. A tempada deportiva da patinaxe é de ano natural por o que, a pesar do gran inconveniente que supón este parón, terán ata finais de ano para recuperar todas as actividades e competicións canceladas que poidan.

AVANTAR ACTIVIDADES

NOTA DE AEHDE

CLASES ONLINE, PLAN DE TRABALLO DIARIO E RETOS, A RECEITA DO CLUB AEHDE PARA MANTER A FORMA DURANTE O CONFINAMENTO

O Club de Patinaxe Aehde O Carballiño mantén a súa actividade durante esta época de confinamento das súas patinadoras e patinadores cunha triple fronte: clases online por medio de videchamadas das adestradoras, un plan de traballo individual para cada día da semana e diferentes retos para manter o espíritu de club e implicar a todos os seus membros.

As clases online fanse por grupos e segundo o nivel de cada patinadora, que traballan por espazo dunha hora coas suas adestradoras, que aproveitan para corrixir movementos e marcar pautas. De mesmo xeito, tanto a adestradora de patinaxe individual como a da modalidade de show envían un plan de traballo diario de contido físico, ante a imposibilidade de poñer os patíns, onde a flexibilidade e os saltos son partes fundamental, ademáis da preparación física de base.

Por último, a entidade graba un vídeos semanal con todos os rapaces e rapazas con diferentes retos e propostas, todas ellas vencelladas a súa disciplina deportiva coa intención de manter o espíritu de club ainda que sexa na distancia.

Esta preparación en confinamento é primordial para que as patinadoras e patinadores volten do mellor xeito posible ao traballo colectivo cando as autoridades sanitarias o permitan. Que a temparada de patinaxe coincida co ano natural permite albergar esperanzas de que ainda se poida celebrar nesto 2020 varios eventos, ainda que todo dependerá dos prazos que se impoñan unha vez que o estado de alarma sexa derogado.

VIDEO